Noticias y alertas

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝟔𝟒.𝟎𝟎𝟎 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐒 𝐀 𝐀𝐏𝐎𝐈𝐀𝐑 𝐀 𝐂𝐑𝐄𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐒𝐀𝐒 𝐍𝐀 𝐒𝐔𝐀 𝐍𝐎𝐕...

07/08/2025

𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 𝟔𝟒.𝟎𝟎𝟎 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐒 𝐀 𝐀𝐏𝐎𝐈𝐀𝐑 𝐀 𝐂𝐑𝐄𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐄 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐒𝐀𝐒 𝐍𝐀 𝐒𝐔𝐀 𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐂𝐎𝐍𝐕𝐎𝐂𝐀𝐓𝐎𝐑𝐈𝐀 𝐃𝐎 𝐏𝐑𝐎𝐆𝐑𝐀𝐌𝐀 “𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐄𝐌𝐏𝐑𝐄𝐍𝐃𝐄”
O Concello de As Pontes reforza a súa aposta polo emprendemento local cunha nova edición do programa “As Pontes Emprende”, dotado con 64.000 euros, destinados a fomentar a actividade empresarial no municipio e contribuír activamente á xeración de emprego e ao desenvolvemento económico sostible.
Esta iniciativa, que alcanza este ano a súa onceava edición desde a súa creación en 2015, ten como obxectivo principal incentivar a posta en marcha de novos proxectos empresariais, apoiar ás persoas autónomas e dinamizar o tecido das pequenas e medianas empresas do concello.
Desde a súa posta en marcha, o programa ten mobilizado máis de 375.000 euros, apoiando 120 proxectos emprendedores e favorecendo a creación de máis de 150 postos de traballo directos en sectores estratéxicos como a agricultura ecolóxica, o comercio local, a hostalaría, a construción, a carpintería metálica ou os servizos profesionais.
Máis info: https://vive.aspontes.org/o-concello-64-000-euros-a-apoiar…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies