Noticias y alertas

𝐑𝐄𝐕𝐄𝐋𝐀: 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐗𝐎𝐑𝐍𝐀𝐃𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐑 𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀 𝐓𝐑𝐀𝐕𝐄́𝐒 𝐃𝐀 𝐅𝐎𝐓𝐎𝐆𝐑𝐀...

30/09/2025

𝐑𝐄𝐕𝐄𝐋𝐀: 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐗𝐎𝐑𝐍𝐀𝐃𝐀 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐔𝐁𝐑𝐈𝐑 𝐀𝐒 𝐏𝐎𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐀 𝐓𝐑𝐀𝐕𝐄́𝐒 𝐃𝐀 𝐅𝐎𝐓𝐎𝐆𝐑𝐀𝐅𝐈́𝐀 𝐑𝐄𝐔́𝐍𝐄 𝐀 𝟓𝟎 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀𝐍𝐓𝐄𝐒 𝐃𝐄 𝐓𝐎𝐃𝐀 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀
As Pontes acollerá o vindeiro 4 de outubro unha xornada formativa e experiencial dirixida a persoas amantes da fotografía, tanto afeccionadas como profesionais, que desexen mellorar as súas habilidades, compartir coñecementos e descubrir a riqueza visual e natural do concello desde unha nova perspectiva.
A actividade, organizada polo Concello das Pontes en colaboración con Fotowalk Galicia, leva por título “Revela” e está deseñada como unha experiencia inmersiva e práctica, cun enfoque creativo e técnico. A cita reunirá a 50 participantes e estará guiada polo recoñecido fotógrafo profesional Xosé Durán.
Máis info: https://vive.aspontes.org/revela-unha-xornada-formativa-pa…/

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies