🎬 CARTELEIRA DE CINE – FIN DE SEMANA nas Pontes 🎬
✨ANGELO EN EL BOSQUE MISTERIOSO
Angelo, un neno de 10 anos aspirante a explorador, sae á estrada coa súa familia para visitar á súa querida avoíña. Cando a súa distraída familia o deixan atrás nunha área de descanso, queda abandonado á súa sorte e decide atravesar o bosque na súa procura. Penétrase entón nun misterioso mundo habitado por criaturas estrañas e marabillosas, algunhas máis amigables que outras...
📅 Sábado 1 de novembro | 🕔 17:00 h
📅 Domingo 2 de novembro | 🕔 17:00 h
✨ ON FALLING
Aurora é unha muller portuguesa inmigrante que traballa nun gran almacén de Escocia. Atrapada entre os muros do seu centro de traballo e a soidade do seu piso compartido, trata de resistir ao illamento, a alienación e a charla trivial que comezan a ameazar a súa consciencia de si mesma. Nunha contorna dominada por unha economía baseada en algoritmos e deseñada para manternos separados, 'On Falling' explora a loita silenciosa e vital por atopar sentido e conectar.
📅 Sábado 1 de novembro | 🕢 19:30 h e 22:00 h
📅 Domingo 2 de novembro | 🕢 19:30 h
📍 Lugar: Casa Dopeso
🍿 Non quedes sen a túa entrada!
🔗 https://aspontes.sacatuentrada.es/
🎟️ Reserva xa o teu sitio e disfruta dun fin de semana de cine en compañía!