📺 TDT e 4G/5G: que está pasando? Explicámoscho en 1 minuto!
No noso municipio despregouse un novo servizo móbil de nova xeración (4G e 5G) 📶
É unha boa noticia (máis cobertura e máis velocidade!), pero ás veces pode provocar interferencias na TDT:
❗ cortes na imaxe
❗ pixelados
❗ canles que desaparecen
🛠 Quen o arranxa?
LLEGA700 encárgase de facer axustes nas antenas de TDT sen custo algún, para que todo volva verse con normalidade. É 100% gratuíto para os fogares afectados.
👀 Notas problemas na TDT? Fai isto:
1️⃣ Comproba se hai cortes, pixelados ou canles que desapareceron
2️⃣ Se é así, pode deberse ao 4G/5G
3️⃣ Chama ao 900 833 999
👉 Mandaranche unha persoa técnica para arranxalo sen ningún custo e sen papeleo
Non tes que pagar nin pedir orzamento.
⏳ Ollo ao prazo!
As actuacións gratuítas só poden solicitarse ata o 31 de xaneiro de 2026.
Despois desa data, xa non se poderán tramitar sen custo.
❌ O acendido do nodo non afecta ás parroquias de : O Deveso, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Faeira e Goente.