🌱 As Pontes segue apostando pola compostaxe doméstica!
O pasado venres 27 de febreiro celebramos no Local Social unha nova sesión informativa da campaña de compostaxe do Concello de As Pontes, na que se incorporaron 15 novas familias á iniciativa de autoxestión dos biorresiduos.
♻️ A compostaxe doméstica permite reducir os residuos orgánicos e transformalos en abono natural de alta calidade, contribuíndo a un modelo máis sostible e responsable co medio ambiente.
Durante a sesión explicáronse os principios básicos da compostaxe e fíxose entrega gratuíta dun composteiro ás persoas participantes.
📲 Se queres sumarte á iniciativa, podes consultar toda a información actualizada en:
👉 aspontes.ocaminosostible.gal
📞 647 521 464
📧 info@ocaminosostible.gal
Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á veciñanza na redución e valorización dos seus propios residuos.
#AsPontes #Compostaxe #Sostibilidade #MedioAmbiente #OportunidadesVerdes