Noticias y alertas

🚣‍♂️ O piragüismo pontés segue deixando pegada a nivel estatal! A fin de semana do 17, 18 e 19 de abril, o Club de Pira...

24/04/2026

🚣‍♂️ O piragüismo pontés segue deixando pegada a nivel estatal!
A fin de semana do 17, 18 e 19 de abril, o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse ata Sevilla para participar no LIII Campionato de España de Xoves Promesas, cunha destacada representación de deportistas cadetes.
Co nome das Pontes por bandeira, Xalo Romero, Xoel Timiraos e Daniel Ferro lograron clasificarse o sábado nas probas de 2 km, acadando o pase ás finais do domingo, disputadas sobre unha esixente distancia de 5000 m.
Na xornada decisiva:
🔹 En K1 cadete B, Xoel Timiraos asinou unha gran actuación, rematando no posto 17º de 124 participantes, mentres que Daniel Ferro, tras sufrir un envorco, soubo repoñerse e finalizar no posto 61.
🔹 En K1 cadete A, Xalo Romero, nunha carreira de menos a máis, acadou un meritorio posto 24º entre 120 participantes.
👏 Parabéns aos tres deportistas polo seu esforzo, compromiso e pola excelente representación das Pontes nun campionato de máximo nivel. 💙 O deporte local segue medrando grazas ao traballo dos clubs e á dedicación da nosa mocidade.
#AsPontes #Piragüismo #DeporteBase #OrgulloPontés

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies