Noticias y alertas

✨ O ferro volve cobrar vida nas Pontes ✨ O Museo Etnográfico Monte Caxado presenta unha nova proposta artística que tra...

20/05/2026

✨ O ferro volve cobrar vida nas Pontes ✨
O Museo Etnográfico Monte Caxado presenta unha nova proposta artística que transforma materiais esquecidos en auténticas pezas de arte.
A partir deste mércores poderedes visitar a II Exposición de Manuel Armada, unha mostra na que creatividade, reciclaxe e oficio artesanal se unen para dar unha nova vida a vellas ferraduras e pezas metálicas ⚒️🎨
Tras a excelente acollida da súa primeira exposición, o artista regresa cunha nova colección de esculturas en ferro reciclado, onde a imaxinación e o detalle converten o vello en sorprendente.
Unha exposición que reivindica tamén a reutilización, o traballo manual e a capacidade da arte para atopar beleza onde outros só ven ferro vello.
📍 Museo Etnográfico Monte Caxado
📅 Do 20 de maio ao 30 de xuño de 2026
🕒 Martes a venres: 18:00–19:30
🕒 Sábados, domingos e festivos: 11:30–13:00
🎟 Entrada de balde
#ManuelArmada #ArteConFerro #Exposición #MuseoEtnográficoMonteCaxado #AsPontes #ConcelloDasPontes #Cultura #ArteContemporánea #ReciclaxeCreativa #Patrimonio #EntradaDeBalde #FeitoAMan #ArteSostible

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies