🏅❤️ Unha fin de semana para lembrar e un motivo máis para sentir orgullo da nosa canteira deportiva.
O Olympo As Pontes regresou do Campionato Galego Sub10-Sub12 cun espectacular balance de 5 medallas galegas, numerosas mellores marcas persoais e a demostración de que o esforzo, a constancia e a ilusión sempre dan os seus froitos.
🥇 Mireia Díaz, campioa galega dos 2.000 metros.
🥇 Bieito Losada, campión galego dos 1.000 metros.
🥇 Antón Vázquez, campión galego dos 1.000 metros.
🥈 Adrián Alarcón, subcampión galego dos 1.000 metros.
🥉 Xosé Vázquez, terceiro clasificado galego nos 2.000 metros.
A estes grandes resultados súmanse tamén as magníficas actuacións de Ainara Rivas, Xoan Losada, Dylan Alarcón, Xoel Fernández, Xandre Formoso e Marcos Calvo, que competiron ao máis alto nivel e deixaron ben alto o nome das Pontes.
Parabéns a todos os nenos e nenas, ás súas familias e ao equipo técnico por cada adestramento, cada esforzo e cada soño compartido. Sodes un exemplo dos valores que fan grande o deporte e un orgullo para todo o pobo das Pontes.
💙🤍 Moitos parabéns, campións e campioas!
#AsPontes #OlympoAsPontes #OrgulloPontés #DeporteBase #Atletismo #AsPontesCoDeporte #CampiónsECampioas