COMPARTIMOS- GALERÍA DE IMAXES
O Torneo 3x3 das Festas do Poboado reuniu este sábado a numerosos participantes e afeccionados ao baloncesto nunha intensa xornada deportiva desenvolvida ao longo de todo o día, con competicións nas categorías masculina e feminina.
Na categoría feminina, o equipo Eume Dunkers proclamouse campión tras impoñerse na final a Sada Pick and Roll por un resultado de 10-3. A terceira posición foi para Las Mejas de Suelen.
Pola súa banda, a competición masculina destacou pola súa igualdade e emoción ata os últimos instantes. O conxunto No Valky No Party alzouse coa vitoria tras derrotar na final a Extudiantes por un axustado 9-8 na prórroga. O terceiro posto foi para Birrareal.
Ao remate do torneo tamén se entregaron os premios aos xogadores máis valiosos (MVP) da competición, un recoñecemento que recaeu en Andrés Varela e Lucía, integrantes dos equipos campións nas súas respectivas categorías.
A cita volveu converterse nun dos eventos deportivos destacados das Festas do Poboado, combinando competición, convivencia e promoción do deporte entre a veciñanza.
Máis info: