Noticias y alertas

🚧 Comezan as obras da segunda fase de mellora da rúa Pardo Bazán O Concello das Pontes iniciou a segunda fase das obras...

07/07/2026

🚧 Comezan as obras da segunda fase de mellora da rúa Pardo Bazán
O Concello das Pontes iniciou a segunda fase das obras de mellora de servizos e pavimentos na rúa Pardo Bazán, unha actuación financiada pola Deputación da Coruña cun investimento de 225.647 euros.
Esta intervención dará continuidade aos traballos iniciados en 2022 e permitirá avanzar cara a unha rúa máis accesible, segura e funcional para toda a veciñanza.
Entre as actuacións previstas destacan:
✅ Renovación integral das beirarrúas para mellorar a accesibilidade.
✅ Novo pavimento da calzada e reorganización do tráfico cun único sentido de circulación.
✅ Implantación dun sistema de saneamento separativo para augas pluviais e fecais.
✅ Modernización da iluminación pública con luminarias LED de alta eficiencia.
✅ Nova sinalización, mobiliario urbano (bancos, papeleiras e xardineiras) e delimitación das prazas de estacionamento, incluíndo unha praza adaptada para persoas con mobilidade reducida.
As obras desenvolveranse nun tramo de aproximadamente 140 metros, completando a urbanización da rúa ata a súa conexión con Antonio Machado e a Ronda do Poboado.
➡️ Seguimos traballando para construír unhas Pontes máis accesibles, sostibles e adaptadas ás necesidades da cidadanía.
#AsPontes #Obras #EspazoPúblico #Accesibilidade #MelloraUrbana #DeputaciónDaCoruña

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies