COMPARTIMOS 📚 PRESENTACIÓN DE “ROTSPANIER” NO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO
O vindeiro venres, o Museo Etnográfico Monte Caxado acollerá a presentación de Rotspanier. Un miliciano galego no exilio francés 1939-1945, a obra de Juan Galán, publicada por Editorial Galaxia.
Un libro que recupera a memoria dos republicanos galegos que, tras a Guerra Civil, se viron obrigados a continuar as súas vidas no exilio francés, nunha Europa marcada pola guerra e pola ocupación nazi.
O acto contará coa presenza do autor, nun encontro que nos permitirá coñecer de primeira man esta historia de exilio, memoria e resistencia.
📅 Venres 11 de setembro | 19:30 h
📍 Museo Etnográfico Monte Caxado
Praza da Igrexa, s/n – As Pontes de García Rodríguez
🤝 Organiza: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
Colaboran: Editorial Galaxia e Concello das Pontes
👉 Unha oportunidade para achegarnos á nosa memoria e coñecer unha parte da historia dos galegos e galegas no exilio.