🍄📸 Xa temos gañadores do II Concurso de Fotografía «As Pontes, Terra de Cogomelos»!
🏆 Parabéns a Adrián Iglesias Mariño, Inés López Pereiro e Miguel Ángel Gómez Vellón polos seus traballos premiados.
🌿 Grazas ás 30 persoas participantes por amosarnos, a través das súas fotografías, a beleza dos nosos montes.
🖼️ Poderemos desfrutar dunha selección das imaxes na XXXVI Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes, o 1 de novembro.
💚 Vémonos na Feira! 🍄
#AsPontes #Cogomelos #Fotografía #Micoloxía
🍄📸 XA TEMOS GAÑADORES DO II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA «AS PONTES, TERRA DE COGOMELOS»!
🌿 30 participantes e máis dun centenar de fotografías que nos amosan a beleza e a diversidade do mundo dos cogomelos.
🏆 Estas son as fotografías gañadoras!
🥇 1º premio: Adrián Iglesias Mariño | Favolaschia calocera
🥈 2º premio: Inés López Pereiro | Polyporus tuberaster
🥉 3º premio: Miguel Ángel Gómez Vellón | Laccaria sp.
🔎 O xurado, integrado polo divulgador micolóxico Luis Cuba e os fotógrafos Raimundo Carballo e Daniel Puente Bello, foi o encargado de seleccionar as obras premiadas.
🖼️ E isto non remata aquí!
As fotografías gañadoras e unha selección das mellores imaxes participantes poderán verse durante a XXXVI Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes 🍄
📅 Domingo, 1 de novembro: entrega de premios durante o acto central da Feira
💚 Graciñas a todas as persoas participantes por compartir o seu talento e axudarnos a descubrir a riqueza micolóxica dos nosos montes!
#AsPontesTerraDeCogomelos #AsPontes #FotografíaDeNatureza #Micoloxía #Cogomelos #FeiraDeFungosECogomelos